Artículo publicado en O Sil, Especial Nadal, Decembro 2012, p. 46.
«Un músico, unha vila: Ricardo Courtier e Trives»
Alberto Cancela Montes
Beatriz Cancela Montes
Músico
versátil, portador e continuador dunha magnífica saga, pero ante todo, músico
do seu tempo, que soubo aproveitar a tradición familiar para seguir e innovar
na música que se estaba a desenrolar. Coñecedor das novidades que se estaban a
vivir con respecto ó nacionalismo musical, creará unha liña compositiva propia
e característica onde o folklore asumirá un grande protagonismo. Asimesmo, home
implicado na realidade máis cercana, que establecerá coa vila ourensá un quid
pro quo: Trives namorou a Courtier pero el tamén soubo conquistar e facer
cómplice á vila a través do seu quefacer musical.
Ricardo
Courtier Burguero nace en A Coruña o 10 de marzo de 1863 e, ó igual que os seus
irmáns, recibirá a primeira instrucción musical de mans do seu pai, José
Courtier. En 1879 o avezado músico e a súa familia trasládanse a Barcelona.
Dende a cidade condal, Ricardo Courtier, desplazarase a distintos lugares:
complementará a súa formación en Cádiz e na Escola Nacional de Música e
Declamación de Madrid, onde estuda a carreira de piano, ademáis de harmonía e
composición. Precisamente esta será a época na que está de xira por toda España
como director de importantes compañías de zarzuela.
Deste
xeito acadamos o momento da súa chegada á Pobra de Trives: será no ano 1888,
cando o coruñés conta tan só 25 anos de idade. Os primeiros datos vinculan ó
xove músico coa viúva Filomena Santamaría Domínguez coa que casará en decembro
de 1889. Froito do matrimonio nacen Ángeles Marina (extramatrimonial, nada en
xuño de 1889), Rosario (1890), Matilde (1892), María de los Ángeles (1894) e
Milagros (1896); ademáis dos vástagos que aportou a oriunda do matrimonio
anterior.
Instálase
na vila e comeza a desempeñar labores como organista na igrexa e como pianista
no casino, amenizando as veladas que alí tiñan lugar. Pronto reúne ó seu redor
unha serie de aficionados cos que chegará a levar a cabo a interpretación de
"zarzuelitas" e xoguetes cómicos sendo, de seguro, o alma mater
deses eventos. Así comeza a popularizarse a súa figura, gañando amizades e
prestixio, ademáis de apoios que o levarán a mobilizar á poboación trivesa cara
a creación de novas agrupacións musicais.
O
primeiro conxunto que atopamos constitúeo a Banda de Pobra de Trives. Pouco
despois da chegada de Courtier á vila xa hai noticias na prensa sobre a
existencia da Banda, en 1889. Trátasae dunha agrupación con aires de banda
militar en canto á distribución do instrumental, cunha maioría aplastante de
metais: en 1890 os 26 músicos cos que contaba estaban divididos en 6 madeiras
(frautín, frautas e clarinetes), 3 percusionistas (caixa, bombo e pratos) e 17
metais (trompetas, fliscornos, bombardinos ou tubas). Desgrazadamente a vida
desta colectividade languidécese no ano 1898.
O
seguinte proxecto constitúeo a formación e dirección do Orfeón Courtier no ano
1893, chegando a participar nel «unos 40 muchachos de la buena sociedad de
Trives, entre ellos algunos escolares» (Gaceta de Galicia,
29-VIII-1893).
As
agrupacións musicais creadas por Courtier en Trives chegan ó seu cénit co
nacemento do afamado conxunto Os Trintas. Será con motivo da asistencia dos
gaiteiros de Ventoselas á localidade de Piñeiro de San Fiz, cando Ricardo
baralle a posibilidade de crear unha agrupación musical do estilo, aínda que
con elementos diferenciadores: outorgaralle un repertorio propio e persoal, que
el mesmo se encargaría de confeccionar. Serán os irmáns Álvarez, integrantes da
banda que o propio Ricardo fundara, os que configuren o novo conxunto e acaden
unha gran fama e popularidade cunha gaita, un requinto, caixa e bombo. Os
coñecementos en torno á linguaxe musical acadados polos Álvarez favorecerán
que Ricardo compoña e arranxe obras de gran complexidade e virtuosismo
instrumental. De feito, moitas obras perdurarán no repertorio tradicional ata
os nosos días, sendo recoñecidas como obras clásicas dentro desta música.
Ricardo
Courtier implicarase profundamente na actividade musical de Trives,
revitalizándoa a través do achegamento de novas obras, xa sexan coñecidas
noutras cidades, xa sexan de propia autoría. Pero tamén revitalizándoa mediante
a participación dos seus conciudadanos, feito que provocará un fondo sentimento
de respecto e admiración. Entre estos apoios e amizades, comezará a despuntar a
relación co Marquesado. Con respecto á Banda, no século XIX prolifera a
creación de bandas civis, moi influenciado pola clase burguesa e baixo o amparo
de institucións ou iniciativas persoais, como cremos que acontece neste caso,
vinculada ó aristócrata trivés; no caso do Orfeón será a II Marquesa, Jacinta
Alvarado Barroeta-Aldamar, a presidenta honorífica; e con respeto ós Trintas, o
Marqués de novo volta a actuar como mecenas da agrupación, chegandolle a
compoñer obras específicas e adicadas como Rosariño (adicada á Marquesa
Jacinta Alvarado).
Etapa de madurez: Ourense.
A
etapa trivesa chega á súa fin en 1907, ano no que Ricardo e a súa familia
establecen a súa residencia en Ourense, aínda que a escisión con Trives non foi
drástica, mantendo lazos coa vila. En Ourense acada a praza de director da
Banda Municipal, aínda que non será nomeado oficialmente ata o 18 de setembro
de 1910.
Na
cidade das Burgas a inquedanza e a versatilidade de tarefas que desempeña
simultáneamente evidénciase tamén coa participación no Club Orensano tódalas
noites á fronte do piano; co profesor Outomuro realizará concertos no Café
Moderno; e incluso existen referencias que o sitúan como pianista e director do
sexteto que actuaba no café La Unión. Con respecto á actividade orfeonística,
será nomeado xefe da sección musical do primeiro ateneo da cidade e actuará
como asesor do orfeón. Asimesmo será requerido como xurado en diversos certames
musicais.
O
10 de decembro de 1922, ós 59 anos de idade, Ricardo Courtier falece a causa
dunha bronquite crónica na Rúa Moratín, atopándose viúvo e ó cargo das súas
fillas Matilde, Rosario, Marina e Milagros. Somente catro anos despois do seu
óbito, ten lugar unha homenaxe ó mestre o día da conmemoración do seu
aniversario, no que se reúnen as tres bandas de música existentes na cidade
xunto co Orfeón Unión Orensana, para honrar a labor desenvolvida nesta a súa
derradeira cidade de residencia.
La hija mayor de Ricardo, Marina, casó con Luciano García Nóvoa (Tío de mi madre y de la firma "Manuel García e Hijos", de la calle Lamas Carvajal), y no tuvieron descendencia. La hija menor, Milagros, casó con Piero Lucotti, italiano de Padua, que había estado en los territorios de Etiopía conquistados por Mussolini en 1936. Piero y Milagros tampoco tuvieron descendencia. Piero trabajó en Orense como maestro de obras (equivalente al actual aparejador).
ResponderEliminarPiero y Milagros tuvieron una hija , mi tía Rinetta(que vive y está en Valladolid) y de hecho Piero tenía una hija de su primer matrimonio que se llamaba Ana María . O sea que si, Piero y Milagros tuvieron una hija .
ResponderEliminar